Termohigrómetro

PRECIO

40,00

Información adicional

DESCRIPCIÓN

Que é o Termohigrómeto?

Este aparato está deseñado para controlar a humidade e temperatura á que se encontra a palleta cando utilizamos o Higrotapón que se introduce no punteiro unha vez que deixamos de tocar. O que mantén en perfecto estado á palleta a humidade axeitada, que non debe ser inferior a un 45%. Cunha humidade inferior, as pas defórmanse, perden a simetría e a vibración é defectuosa.

O termohigrómetro é hermético e non conecta co fol, xa que os foles sintéticos, tras eliminar toda humidade, absorven a do higrotapón. Leva unha pila na parte posterior illada cun plástico que se debe sacar antes de poñelo en funcionamento. Para cambiala, desprazaremos o medidor cara un lado para sacalo de todo e volveremos colocalo do mesmo xeito que o sacamos. Ao deixar de tocar, colocamos o higrotapón no punteiro e este no termohigrómetro. Se non queremos levar o punteiro solto no estoxo, podemos introducilo na buxa.

Se temos outro higrómetro de ambiente, podemos comprobar a humidade que lle está proporcionando o higrotapón.