Higrotapón

PRECIO

70,00

Esgotado

Información adicional

DESCRIPCIÓN

¿Qué é o higrotapón?

Despois de experimentar no mundo da gaita, un dos problemas que encontra é a sequidade e deformación da palleta debido a climas secos ou locais acondicionados con calefacción e deshumidificadores. A palleta é o primeiro elemento da gaita que se expón aos contrastes de calor-frío e humidade pola proximidade aos orificios do punteiro (tamén estas condicións de ambiente son inimigos da madeira e dos anelados da gaita, e máis se son metálicos).

Unha vez que se deixa de tocar e que a palleta adquiriu humidade, dependendo de onde nos atopemos, sufrirá un contraste de temperatura e humidade aínda que se manteña certo tempo coa humidade do fol. Do que se trata, daquela, é de conservar a palleta fronte aos contrastes de ambiente e humidificala no caso de escasa humidade, pois como ben se sabe, a cana é simplemente cana e moi sensible a todos estes cambios.

O Higrotapón é un conservador e humidificador para a palleta. Consta dunha variña cun depósito interior onde vai unha mecha empapada en auga que ten unha saída por onde lle proporciona humidade á palleta. Vai colocado dentro do punteiro, sen chegar a tocar a palleta, e adáptase ás tonalidades: Re, Do, Si, La e tamén á gaita asturiana, escocesa e a calquera de dobre cana. A conicidade do mango e a sensibilidade do resorte fan posible calquera adaptación.