Non hai produtos no carriño.

Menu

Non hai produtos no carriño.

Peitoques

Descrición

Instrumento de percusión pensado para colgalo do pescozo e percutir coas mans. Consta de dúas pezas redondas de madeira: a parte dianteira onde percutiremos e a parte traseira que fai a base no tórax, o que axuda a facer a caixa de resonania. Produce un son semellante á castañola.

Posibilidades e técnicas básicas

Podemos diferenciar, segundo como percutamos, tres sons básicos: medios, graves e agudos. Se percutimos cos dedos de xeito perpendicula ao peitoque e na metade inferior, conseguiremos un son medio. Se percutimos cubríndoo completamente coa palma da man, o son será máis grave. E para producir un son máis agudo, percutiremos cos dedos dun xeito diagonal ao peitoque, buscándolle o canto.

Colocación

Axustaremos a altura do peitoque de xeito que nos quede a catro dedos por debaixo da clavícula aproximadamente (a posición debe ter unha base estable para percutir). Para isto, colleremos as boliñas cunha man e coa outra deslizaremos o peitoque ó longo do cordón.

O regulador é o tornillo que vemos na parte posterior da base e válenos para regular a distancia entre as dúas pezas. Empregaremos a chave allen que acompaña ao instrumento.

Mantemento

É posible que o instrumento deixe de funcionar de xeito óptimo por mor da suciedade que se vai incrustrando no bisel. Isto soluciónase soltando os nós da parte traseira (onde remata a goma) cunha agulla ou obxecto punzante, coa fin de separar as dúas pezas do peitoque e poder retirar a suciedade.

Tamén é posible que a goma perda tensións e ou vaia cedendo co uso. Conseguiremos máis tensión soltando a goma (como indicamos no parágrafo anterior) e estirándoa ata o seguinte buraco, sen esquecernos de que a goma discurra polo seu canal.